Publicacións

Mostrando publicacións desta data: abril, 2024

Novos personaxes

Imaxe
Nunha das últimas entradas tivemos o pracer de presentarvos ao noso amigo, que acompañará a cada xogador ao longo dos diferentes niveis. Para rematar este mes de abril quixemos darvos unha pequena sorpresa .   Esta é Máscara, unha nova personaxe que estará presente nesta viaxe. Para o seu deseño inspirámonos nas famosas máscaras venecianas . Tamén ten dúas referencias m usicais que tedes que identificar. Un é moi fácil de identificar , xa nos comentaredes se sodes quen de descifrar o último.  

Música por favor! Actualización

Como xa os comentáramos hai uns días, estabamos a traballar na banda sonora de Reina o Ritmo . Hoxe por fin podemos anunciar que xa está rematada! Nesta entrada deixaremos o en lace da play list con todas as cancións para que poidades escoitalas cando queirades. É un ava nce moi importante, xa que estamos xa na recta final para rematar o noso proxecto.  🙌🙌 https://youtube.com/playlist?list=PLoMxaci_1fmG7A7Ztem-DIdFzXM08qxh0&si=IOlodhQf7Ei1uK11

Música por favor!

Imaxe
Como xa mencionamos nunha das primeiras entradas, estivemos compoñendo algunhas pequenas cancións para o xogo. Deixamos por aquí algúns enlaces para que podades escoitalas cando querades. Cando rematemos a banda sonora faremos unha actualización para deixaros o link da playlist .  Decidnos que vos parecen! 😊

Melloras na interfaz

Imaxe
 Fedellando no código introducimos unha serie de pistas visuais para levar a conta das preguntas respondidas con éxito. Esta imaxe actualízase cada vez que se accede á seguinte pregunta. A meta é conseguir as catro coroas para cada nivel. Tamén deseñamos o noso amigo, o cal non ten nome aínda😓 . A súa función é a de indicador visual dos erros á hora de comprobar a resposta, ademais de acompañarnos na nosa experiencia. Cando se erra, o noso amigo muda o seu aspecto. Que serán dos outros personaxes?

Seguimos traballando!

Imaxe
 Reina o Ritmo xa comeza a tomar forma, por agora só temos 3 modelos de niveis, os de dificultade fácil (azuis), dificultade media (verdes) e dificultade alta (amarelos). Tamén conseguimos implementar moitas melloras no apartado visual como cambios nos botóns á hora de clicar, pasar o cursor por enriba e sacalo. Moito máis complexo do que parece! Os botóns actuais son os de mutear (superiores) e os de reprodución, pausa e comprobación. Os primeiros imitan os sliders que se poden atopar nunha mesa de técnico de son, ou nun programa de produción musical, e cuxa función é representar unha canle de son (normalmente correspondente a un instrumento) e variar o seu volume, entre outras cousas.

Comezamos!

Imaxe
Hoxe empezamos a traballar na creación e programación do noso recurso educativo. Tamén de esbozamos a súa estética as personaxes que aparecerán ao longo do noso xogo. Ademais, decidimos cantos niveis terá e o tipo de preguntas que faremos en cada un deles. Xa que o noso coñecemento sobre programación e creación de páxinas web é limitado, recorremos ao chatGPT. Axudounos a resolver dúbidas e crear a primeira parte do código, a base sobre a que iremos traballando co que nós sabemos. Estes son os debuxos, mal feitos e a correr, que utilizaremos para deseñar o logo e as diferentes personaxes: a coroa, a máscara, o selo, o píxel e o verdugo. Quen serán?

Toma de decisións

Hoxe tomamos as primerias decisións sobre a actividade 3. O contido curricular que seleccionamos entra na asignatura de Música.  Temos pensado facer un xogo que permita practicar a diferenciación dos sons dos intrumentos, e introducir a análise activa dos conceptos de ritmo, melodía e acompañamento nunha canción. Para iso, faremos un conxunto de cancións creadas por nós que máis tarde serán subidas á YouTube para que se poidan desfrutar.  O principal problema que cremos que imos atopar é a creación do xogo. Xa que ningún de nós é experto en programación. Esperamos que sexamos capaces de levalo a cabo coa axuda do chatGPT, Internet, e os coñecementos sinxelos que temos sobre programación en HTML. Desexánedos sorte! 😄