Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ritmo

Música por favor!

Imaxe
Como xa mencionamos nunha das primeiras entradas, estivemos compoñendo algunhas pequenas cancións para o xogo. Deixamos por aquí algúns enlaces para que podades escoitalas cando querades. Cando rematemos a banda sonora faremos unha actualización para deixaros o link da playlist .  Decidnos que vos parecen! 😊

Seguimos traballando!

Imaxe
 Reina o Ritmo xa comeza a tomar forma, por agora só temos 3 modelos de niveis, os de dificultade fácil (azuis), dificultade media (verdes) e dificultade alta (amarelos). Tamén conseguimos implementar moitas melloras no apartado visual como cambios nos botóns á hora de clicar, pasar o cursor por enriba e sacalo. Moito máis complexo do que parece! Os botóns actuais son os de mutear (superiores) e os de reprodución, pausa e comprobación. Os primeiros imitan os sliders que se poden atopar nunha mesa de técnico de son, ou nun programa de produción musical, e cuxa función é representar unha canle de son (normalmente correspondente a un instrumento) e variar o seu volume, entre outras cousas.

Comezamos!

Imaxe
Hoxe empezamos a traballar na creación e programación do noso recurso educativo. Tamén de esbozamos a súa estética as personaxes que aparecerán ao longo do noso xogo. Ademais, decidimos cantos niveis terá e o tipo de preguntas que faremos en cada un deles. Xa que o noso coñecemento sobre programación e creación de páxinas web é limitado, recorremos ao chatGPT. Axudounos a resolver dúbidas e crear a primeira parte do código, a base sobre a que iremos traballando co que nós sabemos. Estes son os debuxos, mal feitos e a correr, que utilizaremos para deseñar o logo e as diferentes personaxes: a coroa, a máscara, o selo, o píxel e o verdugo. Quen serán?

Toma de decisións

Hoxe tomamos as primerias decisións sobre a actividade 3. O contido curricular que seleccionamos entra na asignatura de Música.  Temos pensado facer un xogo que permita practicar a diferenciación dos sons dos intrumentos, e introducir a análise activa dos conceptos de ritmo, melodía e acompañamento nunha canción. Para iso, faremos un conxunto de cancións creadas por nós que máis tarde serán subidas á YouTube para que se poidan desfrutar.  O principal problema que cremos que imos atopar é a creación do xogo. Xa que ningún de nós é experto en programación. Esperamos que sexamos capaces de levalo a cabo coa axuda do chatGPT, Internet, e os coñecementos sinxelos que temos sobre programación en HTML. Desexánedos sorte! 😄