Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta TIC

Última actualización

 Despois de semanas de traballo por fin podemos anunciar que o noso xogo está rematado! A pesares do duro traballo e o estrés cremos que foi unha gran experiencia. Desexamos que os guste a nosa proposta e que disfrutárades connosco desta gran viaxe.  Nos lemos nos comentarios! 😉👋 https://reinaoritmo.org/

Melloras na interfaz

Imaxe
 Fedellando no código introducimos unha serie de pistas visuais para levar a conta das preguntas respondidas con éxito. Esta imaxe actualízase cada vez que se accede á seguinte pregunta. A meta é conseguir as catro coroas para cada nivel. Tamén deseñamos o noso amigo, o cal non ten nome aínda😓 . A súa función é a de indicador visual dos erros á hora de comprobar a resposta, ademais de acompañarnos na nosa experiencia. Cando se erra, o noso amigo muda o seu aspecto. Que serán dos outros personaxes?

Seguimos traballando!

Imaxe
 Reina o Ritmo xa comeza a tomar forma, por agora só temos 3 modelos de niveis, os de dificultade fácil (azuis), dificultade media (verdes) e dificultade alta (amarelos). Tamén conseguimos implementar moitas melloras no apartado visual como cambios nos botóns á hora de clicar, pasar o cursor por enriba e sacalo. Moito máis complexo do que parece! Os botóns actuais son os de mutear (superiores) e os de reprodución, pausa e comprobación. Os primeiros imitan os sliders que se poden atopar nunha mesa de técnico de son, ou nun programa de produción musical, e cuxa función é representar unha canle de son (normalmente correspondente a un instrumento) e variar o seu volume, entre outras cousas.