Seguimos traballando!
Reina o Ritmo xa comeza a tomar forma, por agora só temos 3 modelos de niveis, os de dificultade fácil (azuis), dificultade media (verdes) e dificultade alta (amarelos).
Tamén conseguimos implementar moitas melloras no apartado visual como cambios nos botóns á hora de clicar, pasar o cursor por enriba e sacalo. Moito máis complexo do que parece!
Os botóns actuais son os de mutear (superiores) e os de reprodución, pausa e comprobación. Os primeiros imitan os sliders que se poden atopar nunha mesa de técnico de son, ou nun programa de produción musical, e cuxa función é representar unha canle de son (normalmente correspondente a un instrumento) e variar o seu volume, entre outras cousas.
Comentarios
Publicar un comentario